top of page

ExpoFloriani

“ExpoFloriani” é un espazo aberto a través do que o alumnado do IES Pedro Floriani comparte coa súa comunidade educativa os proxectos grupais que realiza a través da ABP e ApS ao longo do ano.

-6014723041302526915_121.jpg

Que facemos?

O alumnado do instituto parte da análise das necesidades e problemáticas da súa contorna, para logo planificar e executar un proxecto que se orienta a mellorar e/ou solucionar a cuestión decidida. A través deste proceso desenvólvense situacións de aprendizaxe nas que o alumnado traballa todas e cada unha das competencias básicas.

Por que o facemos?

“ExpoFloriani” é resultado da clara aposta do instituto pola renovación pedagóxica e as novas liñas educativas, que se traduce nun proceso pedagóxico que sitúa ao alumnado no centro do proceso formativo. O profesorado traballa de xeito coordinado e interdisciplinar mentres o alumnado asume un rol activo e absolutamente protagonista de todos os procesos.
No IES Pedro Floriani baseamos a nosa actuación educativa no desenvolvemento integral do alumnado a través da renovación e a innovación pedagóxica, ao tempo que estamos fondamente convencidos/as de que o instituto debe ser un espazo aberto á comunidade redondelá a través dunha concepción democrática e de calidade do ensino.

-6014723041302526918_121.jpg
bottom of page