Edición 2025-2026
ExpoFloriani celebra a súa quinta edición coa participación de case 30 equipos que mostran ante a comunidade educativa do IES Pedro Floriani os proxectos que foron elaborando ao longo de todo o curso.
TERRAFORMANDO UN NOVO PLANETA
1º ESO A e B
Todo o alumnado repartidos en dous grupos
A NASA acaba de anunciar o descubrimento dun novo sistema solar con sete planetas similares á Terra. Nun deles preténdese introducir todo tipo de vida animal coñecida na Terra. Cada grupo de 1º da ESO é unha empresa. En cada empresa hai varios grupos de traballo, que deseñaron carteis informativos con información relevante para cada grupo animal.
CONVIVE, COMPARTE E CRECE
1º Bach A - Grupo 3
Abril Centeno Escala
Xiana Barciela Taboada
Hannah Moreira Bouzón
Ana Reboredo Otero
Miguel Fernandez Alonso.
O noso proxecto consta de dúa partes. A recollida de datos para informarnos sobre a situación de convivencia actual no centro e a investigación de termos relacionados, e con todo o recollido procedimos á elaboración dun Plan de convivencia para o noso centro.
LIBERDADES, DEREITOS E DEMOCRACIA
1º Bach A - Grupo 6
Yanai Fontan Blanco
Abel Couñago Villar
Amin Moukhass Moukhass
O noso proxecto trata sobre unha paxina web dirixida a informar en materia de libertades e dereitos, así como en democracia e as súas alternativas a poboación galega. Ademais pretendemos combatir a desinformación que se atopa nas redes socias e no internet en xeral.
HISTORIA DE REDONDELA
1º Bach B - Grupo 1
Uxía Martínez Lorenzo
Marta González González
Javier Pérez Lago
Noelia Sanchez Cusi
No noso proxecto ímos facer unha documental sobre a historia de Redondela, na que falaremos sobre sitios importantes sobre ela como por exemplo: CD Choco, SAR, Concello de Redondela...
BATALLA DE RANDE
1º Bach B - Grupo 2
Marta Glez Borines
Daniel Santos
Noa Portela
Xurxo Castro
O proxecto divulga a historia da Batalla de Rande mediante unha páxina web, unha conta de Instagram e folletos. Aínda que non se acadaron todas as metas previstas, conseguiuse chegar ao público obxectivo e a valoración final foi positiva.
BOSQUES GALEGO
1º Bach B - Grupo 6
Enzo Amoedo Carracedo
Martín Vilaboa Vidal
Dominic Fernando López Saldaña
Javier Alfaya Couñago
O noso proxecto ten como finalidade dar a coñecer o empobrecemento biolóxico dos nosos bosques. Para iso investigamos e comparamos o pasado e a actualidade dos ecosistemas e as sociedades que moldeaban ó mesmo. Realizamos un estudo da flora e fauna, artigo de investigación histórica e un documental.
THE CRAZY GROUP
1º ESO A e B
Todo o alumnado de 1º ESO A e B
Neste proxecto, o alumnado de 1º ESO aprende a empregar ferramentas dixitais para crear cancións que lles poden servir como repaso aos contidos da materiade Inglés.
COMO LOITAR CONTRA AS FAkE NEWS
1º ESO A e B
Ana Lago
Lara Lago
Xiana Rodríguez
Sofía Couso
Xandre Navós
Enzo Meno
Neste proxecto, compartido con outros institutos do estranxeiro, amosamos como identificar as fake news mediante unha guia cunhas regras a seguir.
ESCOLMA DE PROXECTOS 1
3º ESO Ae B
Alumnado da materia Proxecto competencial
Dicionario actual: Entedémonos? O léxico está en continuo cambio e cómpre estar ao día para non perdernos na selva do argot da mocidade. Con este dicionario, os alumnos de 3o de ESO achegáronse ao mundo da lexicografía. O obxectivo foi a creación dun dicionario de termos actuais, préstamos, neoloxismos, anglicismos... para que outras xeracións coñezan o léxico actual.
ESCOLMA DE PROXECTOS 2
3º ESO Ae B
Alumnado da materia Proxecto competencial
Contos infantís: Compartimos? A lectura e compartir momentos de lectura son esenciais a primeiras idades. Os alumnos de 3o de ESO achegámonos ao alumnado de infantil para compartir un conto e mais unha actividade que crearon. Compartir o tempo, o mellor regalo.
CURTA ANIMACIÓN STOP MOTION
2º Bach B - Grupo 9
Nuno González Couñago
Ián Fernández Magallanes
Alexandre Gesteira Álvarez
Lola Fernández Rivas
Animación STOP MOTION con marionetas de plastilina.
Sinopse: "Un home en bancarrota busca arranxar a súa vida traballando como xardiñeiro, pero un topo argalleiro complicaralle o traballo no parque."
“KEEP CALM, MANTEÑAMOS A CALMA”
4º ESO A e B
Julia García Otero
Aroa Bugarín García
Uxía Farto Álvarez
Raúl Fernández Rodríguez
Mar Darriba Berride
A través de diferentes tarefas de expresión escrita creativa intentamos facer unha análise sobre a nosa realidade: gustos e intereses, perfil persoal, diario e cartas dirixidas a nós mesmas en pasado, presente e futuro. A finalidade foi a creación desta guía: “Keep calm, manteñamos a calma” Guía para nais e pais: non perder o sentidiño durante os anos de adolescencia das vosas fillas e fillos. Agardamos que vos saque un sorriso!
POESÍA SOCIAL
3º ESO PDC
Ainoa Davila Cao
Brais Barciela González
Mª Fernanda Cerros López
A poesía é un arma cargada de futuro.
O alumnado de 3º ESO PDC elaborou un proxecto no que se empregou a poesía como unha ferramenta de protesta, testemuña e comunicación, para denunciar a represión, a inxusticia social e os horrores do conflito.
XABÓNS SOLIDARIOS
1º ESO A
Alumnado de Proxecto competencial
O grupo decidiu traballar na creación de xabóns de distintos olores. O seu fin é vendelos e doar a cantidade
obtida a unha protectora de animais.
MAQUETA DO FLORIANI
4º ESO PDC
Todo o alumnado de clase
Nesta maqueta do exterior do IES Pedro Floriani propoñemos como nos gustaría que fose o patio do centro, un lugar máis verde, fresco e acolledor.
PROXECTOS CREATIVOS PARA “OUTSIDERS”
1º Bach C
Sabela Cernadas
Alexandre Gesteira
Nuno González
Noa Reguera
Ian Magallanes
Lola Fernández
Natalia Rodríguez
A nosa proposta, amosa diferentes tipoloxías de Proxectos Gráficos pensados para a autoedición, tanto impresa como dixital. Unha das premisas principais, consiste na exploración daqueles formatos que están fora dos circuitos convencionais ARTISTA/ AXENCIA PUBLICIDADE/ EDITORIAL/ MERCADO.
Por outra banda, o noso obxectivo clave, é visibilizar o traballo de todos aqueles creativos novos „‟outsiders‟‟ que a día de hoxe, fan lexión.
Con estes proxectos pretendemos, ademais, combatir a asimetría e a xerarquización que existe dentro das canles oficiais da “plástica galega”.
XOGOS EN MAQUETAS
2º ESO B
Irea Álvarez
Sara Oliveira
Xiana Couñago
Carmela Rodríguez
Como darlle unha nova vida ao material que ía ser desbotado e dende aí construír xogos